Dietética e Nutrición

Consellos e información nutricional co obxectivo de proporcionar ensino e información que capacite ás persoas para tomar decisións máis saudables en canto á súa alimentación e hábitos de vida.
Desde - Hasta: 10/12/2024 - Actualmente
O servizo de Dietética e Nutrición de ACEM ten un enfoque principalmente educativo. Para iso, danse consellos e información nutricional aos pacientes co principal obxectivo de proporcionar ensino e información que capacite ás persoas para tomar decisións máis saudables en canto á súa alimentación e hábitos de vida.
Nas consultas faise unha valoración nutricional de cada paciente co obxectivo de coñecer o seu estado de saúde para poder abordar os temas principais de forma individualizada. Tamén se toman as medidas antropométricas do paciente (talla, peso e perímetros corporais) e valórase o consumo de alimentos mediante unha entrevista privado ou a través dun cuestionario. A continuidade realízase cun seguimento periódico do paciente para ver e avaliar a súa evolución.



