Español' Galego'
Cookies

Noticias

Buscador

A continuación presentámosche as 9 noticias máis recentes.

Utiliza o pasapáxinas para acceder á colección completa ou o buscador se o que queres é localizar noticias que cumpran uns criterios específicos.

24/07/2026

O programa “Vivir con autonomía” de ACEM beneficia xa a 50 persoas con esclerose múltiple ou párkinson.

 
Este proxecto forma parte do Plan de Prioridades da Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica COCEMFE, financiado pola Fundación ONCE . 
 

25/05/2026

ACEM conmemora o Día Mundial da Esclerose Múltiple baixo o lema "Todo ao laranxa"

A entidade estará o vindeiro 29 de maio de mañá na Praza Cervantes de Santiago sensibilizando en torno á cor que simboliza oficialmente a enfermidade.
Venderá flores, zumes e mandarinas solidarias nun acto para visibilizar e apoiar ás persoas que padecen esclerose múltiple. 
 
 

20/05/2026

ACEM organiza un Torneo de pádel benéfico con motivo do Día Mundial da Esclerose Múltiple

O xoves 28 de maio de 09:30 a 14:30h. no Ames Padel Center, con trofeos, sorteos e ágape ao finalizar o evento
Colabora na cita AGAPOL, a Policía Nacional de Santiago, a Fundación Mupol e o Ames Padel Center.

15/04/2026

O Programa de Atención Integral de ACEM beneficia a máis de 200 persoas con esclerose múltiple, párkinson ou ELA

O programa ofrece atención sociosanitaria multidisciplinar para mellorar a calidade de vida das persoas afectadas de Santiago de Compostela e comarca. 
 
O proxecto forma parte do Plan de Prioridades da Confederación Española de Personas con Discapacidad Física y Orgánica (COCEMFE), financiado pola Fundación ONCE. 
 

23/03/2026

A Deputación da Coruña posibilita en 2025 o “Programa de Traballo social, asesoramento xurídico e coordinación interdisciplinar”

Grazas ao financiamento da Deputación da Coruña, ACEM pudo desenvolver en 2025 o “Programa de Traballo social, Asesoramento xurídico e Coordinación Interdisciplinar”.

12/03/2026

ACEM Santiago continúa este 2026 cos seus servizos para persoas con Esclerose Múltiple grazas á ‘X Solidaria’

  • Grazas ao cofinanciamento da Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7% do IRPF, xestionados a través da Federación Galega de Esclerose Múltiple (FEGADEM), ACEM ten en marcha este 2026 un programa de rehabilitación logopédica para persoas afectadas de Esclerose Múltiple (EM) e doenzas similares.
  • Esta subvención permite á Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, Párkinson, ELA e outras enfermidades neurodexenerativas e enfermidades raras (ACEM) contar cunha profesional para este servizo.
  • ACEM, membro de FEGADEM, tamén adquirirá material de rehabilitación para a mellora dos servizos prestados ás persoas con EM grazas a esta axuda.
 

27/02/2026

Convocatoria Asemblea Extraordinaria ACEM

Sábado, 14 de marzo ás 11:00h. no Centro de rehabilitación Integral de ACEM  

22/01/2026

O programa de innovación tecnolóxica “Conectando capacidades” permite profesionalizar o equipamento de comunicación de ACEM

  • “Conectando capacidades” forma parte do Plan de Prioridades da Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica (COCEMFE), financiado pola Fundación ONCE. 
  • Aliñado con este programa, ACEM ofrece semanalmente talleres para o manexo de teléfonos móbiles e de iniciación ao computador, en aras da capacitación dixital e tecnolóxica das persoas usuarias.
 
 

20/01/2026

Máis de 200 persoas con esclerose múltiple, párkinson e ELA beneficiáronse o pasado ano do Programa de Atención Integral de ACEM

  • Este programa ofrece atención sociosanitaria multidisciplinar para mellorar a calidade de vida das persoas afectadas de Santiago de Compostela e comarca. 
  • O proxecto forma parte do Plan de Prioridades da Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica (COCEMFE), financiado pola Fundación ONCE.