Español' Galego'
Cookies

Movimiento y salud

Movimiento y salud
Movimiento y salud

Desde - Hasta: 01/03/2022 - Actualmente

Terapia grupal dirixida a persoas con párkinson.

O Parkinson é unha enfermidade neurodexenerativa que orixina un trastorno do movemento. Os cambios que teñen lugar no sistema nervioso (afectación neuronas dopaminérxicas) derivan nunha perda de control sobre o movemento. Os síntomas principais que caracterizan este trastorno son a acinesia, o temblor e a rixidez muscular (triada parkinsionia).

Ademáis -xa sexa como consecuencia dos anteriores ou pola evolución da enfermidade-adoita aparecer outra sintomatoloxía coma fatiga, alteracións do equilibrio e a coordinación, alteracións das capacidades cognitivas, estreñimiento, trastornos do sono, problemas deglutorios, depresión, etc.

Dadas as características destes trastornos do movemento resulta fundamental un enfoque neurorrehabilitador cunha intervención que contemple toda a sintomatoloxía e teña en conta como repercute na calidade de vida dos afectados.

O obxectivo principal desta terapia grupal é manter o organismo nas mellores condicións para minimizar as secuelas da evolución da enfermidade, tendo como fin a mellora da calidade de vida.

A terapia grupal ten ademais como obxectivos específicos:

  • Manter e mellorar rangos de movemento articular. Previr rixidez articular e aparición de deformidades estruturadas.
  • Manter e mellorar a elasticidade dos tecidos e partes blandas. Previr atrofia e rixidez muscular.
  • Mellorar a función do Sistema Respiratorio.
  • Mellorar o equilibrio.
  • Mellorar a coordinación.
  • Mellorar o funcionamento do organismo a nivel sistémico (Circulatorio, Xénito-urinario, Músculo-esquelético, etc).
  • Fomentar a práctica de actividade física como ferramenta para mellorar a condición da patoloxía.