Actualidade

Manifesto en favor das persoas con esclerose múltiple a as súas familias

DÍA MUNDIAL DA ESCLEROSE MÚLTIPLE

No Día Mundial da Esclerose Múltiple, queremos facer un chamamento ao compromiso e a solidariedade coas persoas que padecen Esclerose Múltiple e as súas familias, con este Decálogo de Reivindicacións:

1. Recoñecemento automático do 33% do grao de discapacidade co diagnóstico e a urxente aprobación do novo baremo de discapacidade, o que facilitaría o acceso a prestacións e recursos que mellorarían significativamente a calidade de vida das persoas con Esclerose Múltiple.

2. Medidas extraordinarias de financiamento por parte do Estado e as Comunidades Autónomas para a total recuperación da normalidade na atención sanitaria e sociosanitaria en Esclerose Múltiple, da cal forma parte esencial a actividade das nosas asociacións.

3. Maior apoio gobernamental á investigación da Esclerose Múltiple. A investigación en novos tratamentos é unha esperanza para poder atopar a curación definitiva desta enfermidade.

4. Acceso a un tratamento rehabilitador integral, personalizado, gratuíto e continuado, en todas as comunidades autónomas, reforzando o papel que as asociacións de pacientes desenvolven neste campo.

5. Equidade no acceso ao tratamento farmacolóxico que precise cada persoa, en todas as comunidades autónomas e en todos os centros hospitalarios, e que non se produza a  intercambiabilidad de fármacos sen o consentimento dos  neurólogos/ as.

6. Maior compromiso dos empresarios nas adaptacións dos postos de traballo e o cumprimento do 2% que esixe a lexislación na contratación de persoas con discapacidade

7. Continuidade na colaboración da industria farmacéutica no apoio ás asociacións e na investigación de tratamentos cada vez máis eficaces, sen perder a seguridade imprescindible.

8. Máis apoio das Administracións públicas cara ás familias, que son os principais coidadores das persoas con Esclerose Múltiple.

9. Maior compromiso coa Accesibilidade Universal, tan necesaria para a igualdade de oportunidades e non discriminación das persoas con discapacidade.

10. Maior sensibilización e solidariedade da sociedade coas persoas afectadas de Esclerose Múltiple e os seus familiares.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *