Foro ACEM
O Foro ACEM de Enfermidades Neurodexenerativas son unha serie de xornadas divulgativas sobre esclerose múltiple, párkinson e ELA; de interese tanto para persoas afectadas e entidades de pacientes, como para profesionais, investigadores e para a sociedade en xeral.
A segunda edición do FORO ACEM tivo lugar en:
- Vigo, 29 de febrero de 2024.
- A Coruña, 26 de marzo de 2024.
- O 28 de novembro de 2024 no Edificio CERSIA.
Consulta aquí a información e o programa do II FORO ACEM EN SANTIAGO.
I FORO ACEM
A primeira edición do Foro ACEM tivo lugar en Santiago de Compostela os días 14, 15 e 16 de novembro de 2023, cita na que participaron 14 relatores de recoñecido prestixio e á que asistiron máis de 200 persoas.
Ao longo de tres días -cada un dos cales estivo dedicado a unha enfermidade neurodexenerativa– as xornadas abordaron a realidade á que se enfrontan cada día as persoas afectadas por esclerose múltiple, párkinson e ELA, a partir dun percorrido polas súas experiencias e calidade de vida, polos avances médicos e abordando as liñas de investigación existentes.
Unha cita que serviu como importante punto de encontro para as tres partes implicadas nunha enfermidade neurodexenerativa: persoas afectadas, profesionais clínicos e investigación; e que permite obter unha instantánea da situación actual que afrontan ditas patoloxías.
Patrocinadores e colaboradores
Patrocinaron a primeira edición: Janssen e Italfarmaco.
Colaboraron: Consellería de Sanidade, Servizo Galego de Saúde, Consellería de Política Social e Xuventude, Concello de Santiago, Fundación Luzón, Fundación Degen, Sociedad Española de Neurología, Centro de Investigación de Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS), USC, Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS), Asociación Párkinson Galicia-A Coruña, Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica (AGAELA) e a Asociación Baila con EM. O Foro contou ademais co aval científico de CIBERNED, Centro de Investigación Biomédica en Red Enfermedades Neurodegenerativas.
Relatores do I Foro ACEM
- Asier de la Iglesia, xogador de baloncesto con esclerose múltiple, fundador da Asociación Baila con EM e da cervexa solidaria Mudita.
- Dr. José María Prieto González, xefe do servizo de neuroloxía do Hospital Clínico Universitario de Santiago e presidente da Sociedade Galega de Neuroloxía.
- Dr. Miguel Ángel Llaneza, vogal do grupo de estudo de enfermidades inmunolóxicas da Sociedade Española de Neuroloxía e xefe do servizo de neuroloxía do Hospital Universitario de Centro Asturias (HUCA).
- Ignacio González Rivera, patrón da Fundación Degen.
- José Miguel Andrade Cernadas, vicepresidente da Asociación Párkinson Galicia Coruña, afectado de Párkinson.
- Dr. Ángel Sesar Ignacio, coordinador da unidade de trastornos do movemento do Hospital Clínico Universitario de Santiago (CHUS).
- José Luis Labandeira García, director do Grupo de Neurobioloxía Celular e Molecular da enfermidade de Párkinson do CiMUS, Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC.
- Ana Isabel Rodríguez Pérez, profesora, neurocientífica e investigadora do mesmo grupo.
- Cristina Martínez Silva, terapeuta ocupacional e técnica en AGAELA, Asociación Galega de persoas afectadas de Esclerose Lateral Amiotrófica.
- Luis Gómez Aldegunde, afectado de ELA.
- Manuel Castro Rodríguez, afectado de ELA.
- Dr. Julio Pardo Fernández, Xefe da Unidade de ELA do Hospital Clínico Universitario de Santiago.
- Dra. Raquel Barajas Azpeleta, responsable do departamento de investigación da Fundación Luzón.



