Esclerotic Fest
Coa crise sanitaria, ACEM desenvolveu outra fórmula de evento solidario: os concertos. Primeiro en liña, coa participación de Ruxe Ruxe en 2021, e de M.J. Pérez en 2020; e finalmente presencial cun festival de solidario de música pola esclerose múltiple: o ”Esclerotic Fest”, que tivo lugar na Sala Capitol en novembro de 2022.
O Esclerotic Fest nace cunha dobre finalidade: por unha banda converterse nunha cita musical de referencia na cidade, e por outra visibilizar a esclerose múltiple no ámbito da arte e a cultura e -particularmente- entre a xente máis nova.
Entre os artistas do Esclerotic fíxose unha aposta polo local e pola contorna de Santiago, como a banda de rock Biribirlocke, Battosai ou Brassica Rapa: bandas de distintos estilos e con alta compoñente festiva.
Como evento solidario anual, a cita tivo como obxectivo tamén obter a captación de fondos precisa para prestar os servizos sociosanitarios que necesitan as persoas afectadas de esclerose múltiple, párkinson e outras enfermidades neurodexenerativas semellantes que reciben atención sociosanitaria no Centro de Rehabilitación Integral de ACEM.



