Español' Galego'
Cookies

Muévete no taxi pola esclerose múltiple

“Móvete en taxi pola esclerose” foi unha campaña promovida por ACEM con motivo do seu 25 aniversario, que contou coa colaboración de Radio Taxi Compostela, Ames e Teo, de Tele Taxi Compostela, e o apoio do Concello de Santiago.

Os obxectivos da campaña:

  • visibilizar e concienciar sobre a esclerose múltiple.
  • recadar fondos para a posta en marcha dun ximnasio no Centro de Rehabilitación Integral de ACEM.

Para tal fin e durante un ano -culminando o 30 de maio de 2021, Día Mundial da Esclerose Múltiple- máis de 150 taxistas de Santiago e comarca levaron a bordo dos seus taxis pulseiras solidarias para a súa venda, así como vinilos identificativos co lema da campaña, para contribuír a visibilizar a enfermidade.

A campaña conseguiu recadar 5823,50 euros e foi recoñecida co Premio da Fundación Merck Salud á mellor Campaña de concienciación e divulgación nos V Premios Solidarios Con la EM de Merck.

      Imprimir