Mercadillo Solidario
Os mercadiños solidarios de ACEM non son só un medio para a captación de fondos, son encontros festivos das persoas afectadas coa veciñanza de Santiago.
Neles, hai oportunidade para facerse con produtos de ocasión cedidos polas persoas afectadas e as súas familias para darlles unha segunda vida, pero tamén para compartir tempo de calidade todos xuntos con música, xogos e actividades de dinamización.
Cos mercadillos facemos barrio e abrimos as portas do noso Centro de Rehabilitación Integral para darnos a coñecer. Trátase de que a xente de Santiago saiba onde estamos e cal é o noso labor.



