Escala os teus sonos
Proxecto dirixido a persoas afectadas de esclerose múltiple que polo seu estado funcional están capacitadas para levar a cabo unha actividade física como a escalada, como terapia alternativa de benestar físico (fortaleza, axilidade, flexibilidade, agarre, mobilidade) e emocional (mellora da autoestima, concentración, combater o estrés e a depresión).
O proxecto concretouse nun curso de escalada de dous meses de duración (marzo e abril de 2022) realizado no centro de escalada Indoor Wall de Santiago de Compostela, coa supervisión dunha fisioterapeuta e a instrución dun monitor.
Ademais de perseguir uns obxectivos concretos, o proxecto quería transmitir unha mensaxe de superación de desafíos a través do deporte; que a enfermidade non consiga que renunciemos aos nosos soños.
A realización deste proxecto foi posible porque “Escala os teus soños” foi un dos proxectos seleccionados no certame solidario “La voz del paciente” de Cinfa Salud.



