Artes plásticas
A arte como terapia complementaria con distintos obradoiros.
Desde - Hasta: 01/03/2022 - Actualmente
As actividades de artes plásticas que se desenvoven en ACEM teñen como obxectivos:
- Propiciar a creatividade empregando a arte como medio de expresión.
- Desfrutar realizando actividades que reducen o estrés e favorecen a relaxación.
- Favorecer a motricidade das mans e a precisión.
- Focalizar a atención.
- Compartir tempo e experiencias con outras persoas nunha actividade grupal.
- Favorecer a socialización.
Obradoiro de artes plásticas
Co obxectivo de axudar a canalizar as inquedanzas artísticas das persoas afectadas, éstas aprenden a crear e a experimentar con distintas técnicas e materiais.A partir dunha serie de exercicios que fomentan a creatividade, as persoas pintan versionando obras de recoñecidos artistas, realizan abstraccións guiadas e experimentan con distintas manualidades que van dende o collage á modelaxe de pezas.



