Actualidade

ACEM será a entidade beneficiaria do evento gastronómico “Estrelas Solidarias no Camiño”

Presentación de “Estrelas Solidarias no Camiño 2022”. Foto: Xunta de Galicia

ACEM ten o enorme privilexio de ser este ano a entidade beneficiaria do evento gastronómico “Estrelas Solidarias no Camiño”, que contará coa participación de vintesete chefs, que suman en total máis de sesenta Estrelas Michelín.

O evento terá lugar o 1 de agosto en Negreira e xa se poden adquirir entradas no enlace.

É unha honra e un verdadeiro agasallo que a notoriedade das Estrelas Míchelín se poña ao servizo das causas solidarias, neste caso a nosa. ACEM quere amosar todo o seu agradecemento ás persoas e institucións que consideraron a nosa entidade como a beneficiaria dunha acción tan relevante coma ésta.

Grazas a Rogelio e a Fran Rial, de Casa Barqueiro por impulsar este evento cada ano; a Manuel Costiña, de Retiro da Costiña, por darnos visibilidade; a todas as chefs e os chefs que se sumarán coa súa participación á cita: sodes un gran exemplo para construir unha sociedade verdaderamente solidaria. O noso agradecemento tamén á Xunta de Galicia polo seu apoio ao evento, e en particular a Nava Castro, Directora Xeral de Turismo de Galicia; a Ana Méndez, Xerente de Galicia Calidade e a Marta Villaverde, Subdirectora Xeral de Pesca.

27 Chefs, 69 estrelas

Nesta edición o evento contará coa participación de: Martín Berasategui, Pablo González Buenavista, Paco Roncero Nacho Manzano, Jordi Cruz, Eneko Atxa, Ángel León, Dani García, Ramón Freixa, os irmáns Torres, Valerio Carrera, Marcos Granda, Javier Olleros, Elena Arzak, Manuel Costiña, Lucía Freitas, Pepe Vieira, Pedro Subijana, Marcelo Tejedor, Paulo Airaudo, Miguel González, Francis Paniego, Paolo Casagrande, Iván Cerdeño, Quique Dacosta, Diego Guerrero e Yayo Daporta.


Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *