Noticias
320 persoas beneficiaranse do proxecto de conservación do centro de rehabilitación integral de ACEM
05/09/2023
- O proxecto foi posible grazas ao cofinanciamento da Xunta de Galicia, a través dos fondos do 0,7% do IRPF das persoas que marcaron “Fines Sociales” na súa declaración da renda.
- As accións do proxecto executáronse no mes de agosto para non alterar o funcionamento do centro e a actividade rehabilitadora.
- As actuacións contemplaron o acondicionamento de espazos en desuso, a renovación da pintura, o pulido do chan e a corrección de deterioros.
Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (ACEM) pudo levar a cabo no mes de agosto o proxecto de conservación do seu centro de rehabilitación integral, unha actuación moi necesaria debido ao estado que presentaba derivado do paso de tempo e o uso. Unha importante mellora da que se verán beneficiadas 320 persoas, afectadas de esclerose múltiple, párkinson, ELA e outras enfermidades neurodexenerativas e as súas familias, que reciben atención sociosanitaria no Centro.
O proxecto de “Conservación do Centro de Rehabilitación Integral de ACEM Santiago” está cofinanciado pola Xunta de Galicia a través da convocatoria de concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0.7% do IRPF, a cal é xestionada dende COGAMI.
O proxecto tiña como obxectivo facer do Centro de Rehabilitación Integral un espazo agradable onde pasar tempo e favorecer a rehabilitación física e cognitiva; para o que se melloraron as condicións e incrementaron os espazos adicados as actividades terapéuticas grupais, favorecendo a participación dun maior número de persoas.
As actuacións conlevaron unha reorganización dos espazos de traballo, acondicionamento de ditos espazos coa renovación da pintura das paredes interiores do edificio, o pulido do chan e a corrección dos deterioros derivados do paso do tempo e do uso.
Proxecto de Conservación do Centro de rehabilitación integral de ACEM Santiago
- Cofinanciamento: Xunta de Galicia
- Entidade beneficiaria: COGAMI
- Entidade executante: ACEM, Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple.
- Título do proxecto: Conservación do Centro de rehabilitación integral de ACEM Santiago
- Título do programa: Conservación do Centro de rehabilitación integral de ACEM Santiago
- Subvención con cargo aos fondos do 0,7 % do IRPF procedente das persoas que marcaron a casilla “Fines Sociales” na súa Declaración da Renda.
- Subvención xestionada por COGAMI.
- Convocatoria: Orde do 23 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese Xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades xestionado dende a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.
Arquivada en: