
Atención e servizos para pacientes con párkinson
Coa desaparición da Asociación Párkinson Compostela (ASPAC), ACEM ofrece os seus servizos tamén aos afectados por esta enfermidade.
A enfermidade de párkinson
O Párkinson é a segunda enfermidade máis prevalente na actualidade despois do Alzhéimer, e pertence aos chamados Trastornos do Movemento. En España afecta a máis de 150.000 persoas, e en Galicia se estima que hai entre 7.000 e 8.000 afectados.
Trátase dun trastorno neurodexenerativo que afecta ao sistema nervioso de maneira crónica e progresiva. Coa enfermidade o control de movemento vése alterado, dando lugar aos síntomas motores típicos, como o tremor en repouso, a lentitude de movementos, a rixidez muscular ou a inestabilidade postural. O máis común é que a enfermidade se inicie entre os 50 e os 60 anos, se ben, existen manifestacións precoces antes dos 40 anos.

Que ofrece ACEM ás persoas afectadas de párkinson?
Atención, información e asesoramento a pacientes, coidadores e familiares, a través do noso servizo de Traballo Social.
Servizos de rehabilitación:
- Fisioterapia
- Logopedia
- Terapia Ocupacional
- Atención psicolóxica
- Pilates
Actividades e obradoiros
Xornadas de divulgación
Un punto de encontro para persoas afectadas