Actualidade

O servizo de psicoloxía de ACEM para afectados de esclerose múltiple beneficia xa a máis de 40 persoas

  • O servizo é posible grazas á financiación da Xunta de Galicia, a través dos fondos do 0,7% do IRPF procedente das persoas que marcaron a casilla “Fins Sociais” na  súa Declaración da Renda.

A Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, ACEM, renova o servizo de psicoloxía para afectados de esclerose múltiple e as súas familias, unha intervención fundamental que ofrece a atención psicolóxica especializada que precisan os afectados de esclerose múltiple e as súas familias.  

Máis de 40 persoas afectadas xa se beneficiaron deste servizo de maneira gratuíta dende o ano pasado. O servizo está financiado pola Xunta de Galicia a través dunha subvención de 7.300 euros procedente dos fondos do 0,7% do IRPF, cuia entidade beneficiaria é COGAMI e que ACEM executa no seu Centro de Rehabilitación Integral.

As actuacións deste servizo de atención psicolóxica especializada van encamiñadas a: identificar e intervir nos distintos trastornos, proporcionando habilidades para o afrontamento do estrés diario e control da ansiedade; detectar e procurar o cambio de pensamentos, crenzas erróneas e disfuncionais en torno á enfermidade e as súas implicacións; alentar a expresión de sentimentos, ofrecer apoio, soporte verbal e información; e a mellorar a autoestima e motivar no establecemento e consecución de novas metas.

Intervención psicolóxica en Esclerose Múltiple

A esclerose múltiple é unha das enfermidades máis comúns do sistema nervioso central  que afecta en España a máis de 47.000 personas, sendo Galicia a área coa prevalencia máis alta habendo na actualidade más de 4.000 persoas diagnosticadas.

A esclerose múltiple é unha enfermidade crónica autoinmune, desmielinizante, neurodexenerativa e progresiva do Sistema Nervioso Central. Os síntomas tempranos máis habituais son a fatiga, problemas de visión, formigueos, entumecementos, vértigos e mareos, debilidade muscular, espasmos e problemas de equilibrio e coordinación. Moitas manifestacións da enfermidade son ‘invisibles’, pero inciden no día a día destas persoas. A incapacidade que provoca caracterízase por trastornos motores, cognitivos e da agudeza visual, acompañada doutras alteracións como ansiedade e depresión.

Os socios de ACEM interesados no servizo poden contactar coa asociación: Nos teléfonos  981 575 240 – 620 533 471 e no mail acem.santiago@gmail.com

Servizo de Intervención Psicolóxica en Esclerose Múltiple.

  • Financia: Xunta de Galicia
  • Entidade beneficiaria: COGAMI
  • Entidade executante: ACEM
  • Título do proxecto: Intervención Psicolóxica en Esclerose Múltiple
  • Subvención con cargo aos fondos do 0,7 % do IRPF procedente das persoas que marcaron a casilla “Fines Sociales” na súa Declaración da Renda.
  • Convocatoria: Orde do 6 de setembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas.  

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *