Actualidade

Noticia de “El Correo Gallego”

Santiago súmase a conmemoración do Día Nacional da Esclerose Múltiple

A Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple instalou este martes dúas mesas informativas no Hospital Clínico de Santiago.
Este 18 de decembro celébrase o Día Nacional da Esclerose Múltiple, a enfermidade do sistema nervioso máis frecuente en adultos novos de entre 20 e 40 anos e a doenza que, tras os accidentes de tráfico, supón a primeira causa de discapacidade en todo occidente.
En Santiago, a Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple realiza un importante labor de apoio aos afectados e as súas familias pero tamén un arduo traballo de concienciación. É por iso que no Día Nacional da enfermidade, o colectivo achegouse ao Hospital Clínico para visibilizar a situación dos afectados e lembrar as principais reivindicacións da entidade. Unha desas demandas pasa por mellorar a accesibilidade na cidade. Lembra a súa presidenta, María Dores González, que se avanzou en moitos aspectos, pero aínda queda moito traballo por facer.

A nivel estatal, a principal reivindicación pasa polo recoñecemento automático do 33% da discapacidade, unha vez tense o diagnóstico. E é que esta medida é necesaria para poder acceder a calquera axuda de protección social.

O propio Hospital Clínico, co seu xerente á cabeza, Eloína Núñez, quixo sumarse á conmemoración, visitando unha das mesas informativas instaladas no hall do CHUS. Acompañáballe o doutor José María Prieto, responsable da Unidade de Esclerose Mútilple do centro hospitalario. É esta unidade, única en Galicia, onde leva a cabo un importante labor de atención e tamén de investigación sobre esta enfermidade.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *