Actualidade

ACEM súmase á campaña “Señales Invisibles” para concienciar sobre a enfermidade de Párkinson

Dende a Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple unímonos á campaña Señales Invisibles da Federación Española de Párkinson

Con motivo do Día Mundial do Párkinson o 11 de abril, a Federación Española de Párkinson e as asociacións de párkinson de España promoven a campaña Señales Invisibles, facendo desaparecer letras nas publicacións das redes sociais, co obxectivo de facer visible os síntomas máis descoñecidos da enfermidade.

O párkinson é unha enfermidade neurodexenerativa, crónica e invalidante, que afecta a 160.000 persoas en España e a máis de 7 millóns de persoas en todo o mundo. Aínda que é unha enfermidade asociada a maiores, un 10% das persoas afectadas son diagnosticadas antes dos 50 anos. O tremor é o síntoma máis coñecido do párkinson, con todo, desenvólvense moitos outros síntomas, en ocasións descoñecidos. Estes síntomas son os sinais invisibles do párkinson.

Algúns sinais invisibles do párkinson son: os trastornos do sono, trastornos afectivos ou a depresión. Ademais, a enfermidade de Parkinson pode xerar problemas de comunicación como: alteracións do fala, rixidez facial ou alteracións da escritura. Estes problemas de comunicación poñen á persoa nunha situación de vulnerabilidade. Un maior coñecemento da enfermidade de Parkinson axuda á inclusión social, laboral e familiar das persoas con párkinson.

HAI MOITO QUE DICIR, MOITO QUE ESCOITAR

Moitas entidades unímonos á campaña Señales Invisibles. A través da omisión de letras de logotipos, textos e publicacións, preténdese concienciar sobre os síntomas invisibles da enfermidade de Párkinson, facendo fincapé nos problemas da comunicación. A omisión de letras é un reflexo dos problemas de comunicación que produce o párkinson. Pero entre todos podemos vencer o medo a non expresarse ben.

Logotipo de ACEM quitándolle algunhas letras para sumarse á campaña “Señales Invisibles”

SINAIS INVISIBLES

Imaxe da campaña “Señales Invisibles” para o Día Mundial do Párkinson

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *