Atención psicológica
Atención psicológica
Desde - Hasta: 01/03/2022 - Actualmente
Trátase de intervención psicolóxica para persoas afectadas de esclerose múltiple, párkinson e outras enfermidades neurodexenerativas semellantes e para a familia cando é preciso.
O obxectivo é facilitar unha maior aceptación da enfermidade e dos seus síntomas, así como da discapacidade e dependencia vinculados á mesma.
A intervención, de carácter cognitivo-conductual, lévase a cabo a través de sesións individuais, e nalgunhas ocasións, coa participación -en calidade de acompañante-dalgúns dos seus familiares, co obxectivo de facilitar unha maior aceptación da enfermidade tamén por parte do entorno. Trátase de evitar así comportamentos pouco adaptados que poden supoñer a desprotección ou sobreprotección do paciente, afectando sobre a súa autonomía e percepción de valía do propio paciente.
A intervención psicolóxica é presencial, pero tamén ofrece a modalidade de videoconferencia.