Actualidade

A importancia da fisioterapia no mantemento da calidade de vida nas actividades diarias na EM

Toda persoa con  Esclerose Múltiple (EM), sen importar a severidade da súa discapacidade ou habilidade, necesita realizar actividade física regularmente. A falta de exercicio pode ocasionar graves consecuencias na saúde do paciente e mesmo pode aumentar o risco de enfermidades do corazón.

A esclerose múltiple con frecuencia provoca a aparición de síntomas relacionados coa mobilidade e o equilibrio. Por iso, a fisioterapia xoga un papel fundamental na recuperación das funcionalidades físicas. Ademais, canto antes se comece o tratamento, máis efectivo pode resultar para o paciente. O exercicio non soamente proporciona sensación de benestar xeral, senón que tamén son importantes para previr outros problemas asociados coa EM.

Na actualidade a ciencia demostrou que o exercicio, xunto ao resto de tratamentos, pode supoñer un incremento da actividade e mesmo unha significativa mellora no benestar da persoa que padece esclerose múltiple. Existen probas consolidadas que afirman que os fisioterapeutas, nun marco de  neurorehabilitación especializado, poden ter un papel crave na xestión dos síntomas específicos da esclerose múltiple como a espasticidade, a dor ou certas complicacións secundarias.

Os ensaios clínicos de programas de EM demostraron que a fisioterapia achega beneficios en relevancia muscular, a capacidade cardiovascular, os limiares aeróbicos, os niveis de actividade e as melloras funcionais, así como un gran progreso na capacidade de camiñar. A fisioterapia pode axudar principalmente en cinco categorías, todas elas moi importantes para as persoas con  EM.

  • Flexibilidade: grazas á fisioterapia estiraranse ben os músculos e tendóns mentres se mantén a mobilidade das articulacións. Esta actividade prevén a redución da mobilidade, a rixidez, a debilidade e a espasticidade. A falta de estiramento pode producir a rixidez, o que deriva en dolorosas contracturas que inmobilizan as articulacións.
  • Fortalecer: É necesario incrementar a forza nos músculos. Isto pódese solucionar con exercicios que o fisioterapeuta crea para o paciente.
  • Resistencia: A resistencia despois de facer deporte e exercicios mellora a función do corazón e os pulmóns. O exercicio aeróbico consegue que os pulmóns e o corazón traballen máis e aumenten a resistencia reducindo o risco para padecer enfermidades cardíacas, regulando o nivel de colesterol e axudando a estar ben
  • Equilibrio e Coordinación: Son claves para ter seguridade nos movementos. Os exercicios rítmicos das mans e pés xunto con actividades físicas supervisadas por un fisioterapeuta poden mellorar claramente o equilibrio e a coordinación.
  • Relaxamento: O relaxamento pode reducir a tensión física e mental que pode consistir simplemente en deterse e respirar profundamente. Un programa estruturado de relaxamento  pode reducir o cansazo despois dunha sesión de exercicio.

Os fisioterapeutas deben ter a capacidade de identificar as necesidades que poden ter os pacientes e poñer ao alcance da persoa con EM un equipo multidisciplinar. A rehabilitación, abordada desde esta perspectiva, achega beneficios moi destacables. Os estudos confirman que os pacientes que seguen un plan de rehabilitación melloran os niveis de actividade e participación na vida cotiá.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *